Campus Tecnolóxicos de Verán

Se tes entre 8 e 14 anos e tes vocación técnica, se che encanta todo o que sone a hardware ou software ou simplemente queres dar os teus primeiros pasos no apaixoante mundo da tecnoloxía, apúntate ós nosos campus tecnolóxicos e prepárate para ser un artesán do futuro.

Educación tecnolóxica en excelencia.

Os nosos campus tecnolóxicos son o mellor xeito de iniciarse no mundo da tecnoloxía. Adentraraste na programación, na robótica e na impresión 3D con electrónica real, a mesma que levan nosos trevellos, ademáis, faralo da man dos enxeñeiros que os desenvolven. Como enxeñeiros, a nosa obsesión polo detalle e vocación polo ensino fainos levalo á excelencia dun xeito riguroso e didáctico. O noso coñecemento pedagóxico animanos, ademáis, a facelo de forma activa e divertida.

Campus semanais que podes combinar.

Os nosos campus están organizados en cinco bloques semanais de 25 horas. En cada un descubrirás diferentes usos da robótica e da electrónica cun enfoque lúdico en grupos reducidos. A nosa proposta didáctica parte da filosofía STEAM. Por iso, explorarás os coñecementos científicos, matemáticos e tecnolóxicos dende una perspectiva artística.
Podes vir a un, combinar varios o unirte a todos. Ademáis, non precisas contar con coñecementos previos de programación, robótica ou impresión 3D.

Cursos do Campus Tecnolóxico

Como nace un robot

Introdúcete no apaixoante mundo da electrónica e o deseño 3D creando e construindo o teu propio robot. Descubre que os trevellos electrónicos funcionan gracias á programación, da cal aprenderás a lóxica básica, e explora os compoñentes esenciais que están presentes en todo dispositivo electrónico.

O meu robot salva o mundo

¿Sabías que programar un robot che axuda a entender como somos os humanos? A programación e a robótica permiten explorar teu entorno e como te relacionas co mesmo. Deseña e crea o teu propio proxecto, no que plasmarás o teu coñecemento sobre os seres humanos e a Terra.

Os Makers, artesáns do futuro

Descubre como as ferramentas que te arrodean che poden axudar a facer grandes cousas. Idea e constrúe un trevello divertido e funcional que fusione distintos tipos de materiais, combinando a robótica e a programación coa artesanía tradicional.

¿É un robot ou unha obra de arte?

Explora a programacióne la robótica en relación con las artes plásticas tradicionales. Neste campus fabricarás unha sala de exposiciones con teus compañeiros e, a partires de ahí, cada un crearedes vosas obras de arte utilizando os recursos e coñecementos tecnolóxicos.

Meu robot salva vidas

¿Sabías que coa electrónica podes detectar un gol fantasma xusto cando se está a producir? ¿Ou que podes monitorizar a efectividad dun ejercicio? Descubre o impacto da robótica e a programación nas actividades deportivas deseñando e construindo teu propio dispositivo electrónico deportivo.