Máis que unha academia STEM

Escolabs quere ser un referente educativo no ámbito privado. Somos un proxecto educativo nun espazo arquitectónico atractivo e idóneo para a formación, nas disciplinas académicas de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. Escolabs busca ir moito máis alá, ademais de tecnoloxía, programación e robótica educativa, deseño e impresión 3d, deseño web e videoxogos, pretende impartir outras materias como construción, configuración e voo de drons, robótica de drons, oratoria e liderazdo, xadrez, expresión musical, cociña, expresión e audición oral en linguas estranxeiras, introdución aos conceptos mercantís básicos, etc.