¿Como Somos?

Agosto 4th, 2016 Posted by Uncategorized @gl No Comment yet

Se ben xa vos comentamos quen somos e que vamos a facer, tócanos especificar como vamos a facelo, tendo como obxectivo propio a busca da excelencia como base definitoria de ESCOLABS.

A metodoloxía imperante no noso Campus Tecnolóxico de verán traducirase no cómputo de contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais, entendidos como un todo holístico na busca duns obxectivos que pretenden a excelencia educativa dende a perspectiva dunha academia STEAM.

O anterior tradúcese en palabras de García, J. E., na seguinte cuestión:

En definitiva, se trata de elaborar una trama de conocimientos, que se pueda utilizar en la programación de posibles itinerarios didácticos con los alumnos. Es en esta trama en la que hay que integrar diferentes tipos de contenidos (conceptuales, procedimentales, actitudinales), procedentes de diversas fuentes (conocimiento científico-técnico, prácticas sociales, problemas socio ambientales, etc.). Dicha integración debe hacerse en función de la visión del mundo adoptada, que en nuestro caso se corresponde más con una epistemología global que con la lógica de una determinada disciplina.

Dita afirmación, móvenos a crer na necisade de ensinar non só un que, senón que entendemos que o usuario de Escolabs debe ademáis saber facer, e saber ser; en consonancia cos distintos ámbitos reais nos que este se move, e atendendo así a principios metodolóxicos de contextualización, participación, flexibilidade, colaboración, autonomía, intirdisciplinariedade e globalización, para a maior significatividade das aprendizaxes abordadas e adquiridas por eles.

O desglose da idea anterior corresponderíase coa adaptación da oferta educativa ás necesidades do grupo diana, así como ás dos usuarios individualmente, facendo da experiencia do devir formativo un proceso de metodoloxías tanto verticais como de descubrimento. A prol do anterior, potenciaranse dous marcos de traballo (individual e grupal), sempre partindo da busca de obxectivos e metas comúns.

As temáticas dos cursos conforman a unión das tradicionalmente separadas ciencias empíricas, sociais e artísticas, por medio de temarios interdisciplinarios en favor da posibilidade de educar dende os mesmos de forma integral e integradora.

 

No comments yet. You should be kind and add one!

Leave a Reply

Your email address will not be published.This is a required field!

You may use these HTML tags and attributes:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>