No marco contextual da sociedade dixital na que estamos inmersos, non sona a
disparate a equiparación da programación con calquera outra lingua ou idioma tal
como o inglés, o alemán, o inglés, o italiano, o mandarín…
A necesidade de adaptación a un mundo de plena información circulante, masiva e
invasora crea outras como a de extemsión das formas de información interpersoais e
cos recursos e aparellos que permiten outros procesos comunicativos concatenados.
É por isto, que dende Escolabs potenciaremos ademais a relación da tecnoloxía ou a
enxeñería coas artes, que escapan do que tradicionalmente se entende por
coñecemento científico e empírico.
Así, seguindo a Alemán, 2014, a programación, e en concreto a súa linguaxe, confórmase de xeito formal e está deseñada para expresar procesos aue poden ser levados a cabo por máquinas, co fin de controlar o comportamento físico e lóxico da mesma. Así, extráese a idea de que non só se formetan a dotación de ordes ó aparello, senón a comprensión co mesmo por medio dun proceso de comunicación activa.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:
Alemán, J. R., (2014). Lenguajes de Programación Usados en la Robótica.
Lenguaje de programación, (s. f). En Wikipedia. Recuperado o 6 de xullo de 2016 de https://es.wikipedia.org/wiki/Lenguaje_de_programaci%C3%B3n.
No comments yet. You should be kind and add one!